O PROXECTO

 cosiendo

“MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO” é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo. É unha proposta multisede de sensibilización, para fomentar na cidadanía unha actitude crítica. Ademáis, trátase de un proxecto que promove a visibilidade das artistas novas galegas, fomenta o achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, e incentivando a integración de homes e mulleres na loita contra unha realidade que nos afecta a todos e a todas.

[ Estado crítico: en 2014 contabilizáronse un total de 54 víctimas mortais por violencia de xénero en España e no que levamos de 2015, xa sumamos 26. Estamos ante unha problemática actual. ]

| CANDO E ONDE

O proxecto desenrolarase simultaneamente nas distintas sedes ao longo dunha xornada o 25 de novembro de 2015, Día Internacional contra A Violencia de Xénero. Seleccionaranse 10 ubicacións no espazo público nas distintas cidades e pobos da Provincia de Pontevedra en colaboración cos distintos concellos: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Bueu e Caldas de Reis. Cada acción ou peza de creación colectiva realizarase nunha praza pública e un acto central en Pontevedra, contará cun discurso/manifesto simbólico e reivindicativo ás 12.00h da mañá.

Algunha das pezas serán puntuais (performance, teatro e danza) aínda que outras serán procesuais e poden alongarse ao longo da xornada, sendo construídas polo público e a artista en directo no espazo público. Co rexistro das pezas vivas (en vídeo e fotografía) e coas obras de creación colectiva, pódese contemplar realizar unha exposición colectiva ao remate do proxecto, dando continuidade ao mesmo e incorporando mesmo máis actividades.

[ A cidadanía será co-creadora das pezas colectivas nos distintos espazos públicos, sendo partícipe desta reflexión crítica social ]

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s